Stop Motion

 Ola de novo! Como levades a semana? Hoxe traémosvos unha actividade moi divertida!

Un stop motion creado por nós e por suposto sobre o Entroido galego!

Todo o que imos traballar con esta actividade está recollido no Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Máis concretamente na área de Coñecemento do contorno e dentro desta, no Bloque 3: Cultura e vida en sociedade.


Contidos:

-Valoración das relacións afectivas que se establecen na familia e na escola.

-Recoñecemento dalgúns signos de identidade cultural galega apreciando os cambios que se producen no modo de vida co paso do tempo. Sucesos e persoas relevantes da historia da súa comunidade,do seu país e do mundo.


Obxectivos:

-Observar e explorar de forma activa o seu contorno, xerando interpretacións sobre algunhas situacións e feitos significativos, e mais mostrando interese polo seu coñecemento.

-Apreciar e facer seus algúns elementos significativos propios da tradición e da cultura galega -expresións artísticas, costumes, festas populares, folclore, gastronomía, etc.-. 


Pero antes de realizala propoñémosvos unhas preguntas:

  1. En que estación do ano celebramos o entroido?

  2. Temos en Galicia un só traxe de entroido?

  3. Cantos personaxes do entroido coñecedes?

  4. Só celebramos as galegas e os galegos o entroido?

  5.  Temos na nosa vila algun personaxe característico do entroido?



Dentro video!


Agora propoñémosvos esta pregunta final:

Cantos dos personaxes que vimos levan máscara?


Desfrutade da fin de semana!Ata a próxima!


Comentarios

Entradas populares