Iniciándonos na Robótica

 

Ola a todos e a todas!! Como vai a vosa semana?

Hoxe vamos a presentarvos unha actividade que levaremos a cabo na aula mediante o uso de Escornabot. Sabedes o que é?

Escornabot é un robot que utilizamos en educación para achegar a robótica e a programación ás crianzas.


Os obxectivos que pretendemos alcanzar con estas actividades son moi diversos, así que os dividimos en tres tipos:


  • Obxectivos relacionados coa robótica:

  • Fomentar novas experiencias coas TIC a través da robótica.

  • Recoñecer ao robot como instrumento educativo.

  • Obxectivos relacionados co entroido:

  • Identificar as distintas máscaras do entroido galego.

  • Distinguir una máscara específica do resto.

  • Recoñecer a gastronomía típica da festividade. 

  • Recoñecer as diferentes partes dun disfraz.

  • Obxectivos relacionados coa lateralidade:

  • Identificar os lados esquerdo e dereito para mover o robot.

  • Relacionar as frechas do robot cos movementos de adiante e atrás.



Os contidos que traballaremos serán:


  • Contidos relacionados coa robótica:

  • Fomento de novas experiencias coas TIC a través da robótica.

  • Recoñecemento do robot como un instrumento educativo.

  • Contidos relacionados co entroido:

  • Identificación das distintas máscaras do entroido galego.

  • Distinción dunha máscara específica do resto.

  • Recoñecemento a gastronomía típica da festividade. 

  • Recoñecemento as diferentes partes dun disfraz.

  • Contidos relacionados coa lateralidade:

  • Identificación dos lados esquerdo e dereito para mover o robot.

  • Relación das frechas do robot cos movementos de adiante e atrás.



A finalidade desta actividade é que as crianzas reforcen coñecementos sobre o entroido (personaxes, costumes, alimentos…) e que comecen a desenvolver as capacidades elementais da programación e as aplicacións da robótica na aula.



Papel das crianzas:

En primeiro lugar antes de comezar a traballar co Escornabot na aula serán elas as que elaboren as plantillas coa axuda das mestras. Teremos as imaxes preparadas e elas colocaranas ao seu gusto sobre as plantillas.

Despois de traballar durante un tempo co Escornabot na aula, poderán levalo a casa durante unha semana cada crianza. Alí poderá realizar unha ou varias plantillas que teñan que ver coa temática que estamos a traballar, o entroido. 

Esta última actividade é moi enriquecedora para elas xa que son as que lle ensinan e explican a súa familia que é o Escornabot, como se utiliza… a vez que traballan xuntas para a elabración das plantillas e o xogo co robot.

Finalmente cando o Escornabot teña visitados todos os fogares da aula faremos unha exposición na que as crianzas expoñeran ao resto da clase as súas plantillas.


Descripción da actividade:

Esta actividade levarémola a cabo despois de presentar o Escornabot na aula e ver como funciona.

Realizarase en asamblea e reforzará o aprendido anteriormente sobre o entroido. 

Para ela elaboraremos dous taboleiros e un circuito.


O primeiro dos taboleiros estará composto polas máscaras dos distintos entroidos de Galicia. Estas máscaras xa foron ensinadas e traballadas anteriormente na aula.

Neste taboleiro as crianzas terán que mover o Escornabot ata a máscara que ela elixa.









O segundo taboleiro está composto por sobremesas típicas de entroido. Este taboleiro irá acompañado dun dado que nos indicará a sobremesa á que temos que chegar. De esta mesma maneira traballaremos con outro taboleiro de máscaras que podedes ver a continuación.


O circuito consistirá en construir un disfraz de pirata dende os pés ata a cabeza seguindo o circuito co Escornabot.











Como conclusión Escornabot fará que o noso tema quede moito máis reforzado, explicado e asentado dunha maneira lúdica xa que como os nenos/as están xogando aprenden sen darse conta.

Escornabot reforza a súa creatividade, grazas a el as crianzas elaboran unha plantilla ao seu gusto e en base aos seus intereses.Son participes da súa propia aprendizaxe.

En definitiva Escornabot é a ferramenta adecuada para integrar nas aulas como primera toma de contacto coa robotica.


Como vedes superámonos cada día descubrindo cousas novas! Agardamos que vos guste!

Vémonos na próxima!!



Comentarios

Entradas populares