Realidade Aumentada

 Ola de novo!! 

Hoxe traémosvos unha actividade que de seguro vai ser unha das vosas favoritas!

Unha actividade que levaremos a cabo na clase que integra a Realidade Aumentada!


A aplicación que utilizaremos será QuiverVision.Pulsando na imaxe que presentamos a continuación podedes acceder ás máscaras.




Xustificación:

Será realizada uns días antes das vacacións de entroido. Na aula proporemoslles ás crianzas varias máscaras de animais para escoller, cada unha escollerá a que máis lle guste.

A actividade consiste en que elas a pinten e decoren libremente. Despois na asamblea cada unha expoñerá a súa máscara e contaranos o proceso que seguiu para a súa elaboración. As mestras teremos unha tablet con nós e a medida que cada crianza expón ensinarémoslle a súa máscara en Realidade Aumentada. O resto verana á vez na pizarra dixital.

Con esta actividade as crianzas traballan o tema do entroido pero dende unha pespectiva máis ampla, xa que principalmente o noso proxecto está enfocado ao entroido galego. Por outra banda grazas a RA teñen novas experiencias e aprendizaxes a través das novas tecnoloxías.


Obxectivos:

  • Diferenciar as máscaras galegas das máscaras de animais.

  • Iniciarse na utilización de aplicacións de Realidade Aumentada.

  • Fomentar as actividades plásticas e artísticas.


Contidos:

  • Diferenciación das máscaras galegas das máscaras de animais.

  • Iniciación na utilización de aplicacións de Realidade Aumentada.

  • Fomento das actividades plásticas e artísticas.


A continuación ensinámosvos uns exemplos:


Máscaras decoradas e pintadas polas crianzas




















Máscaras en Realidade Virtual





Ata a próxima! Apertas!

Comentarios

Entradas populares