Actividade "Lugares do entroido"

 Ola a todas e todos!


Hoxe preséntamosvos unha actividade, como non, sobre o entroido! Nela traballaremos os lugares máis característicos do entroido en Galicia e as personaxes procedentes de cada un deles. Vamos alá!




Para os obxectivos desta actividade baseámonos no Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, pertencente ao Bloque 3: Cultura e vida en sociedade do segundo ciclo. Estes son:


- Apreciar e facer seus algúns elementos significativos propios da tradición e da cultura galega -expresións artísticas, cotumes, festas populares, folclore, gastronomía, etc.

-Observar e explorar de forma activa o seu contorno, xerando interpretacións sobre algunhas situacións e feitos significativos, e mais mostrando interese polo seu coñecemento.

No referente á metodoloxía a actividade consiste en que as crianzas xunto coas súas familias ou co acompañamento dunha persoa adulta realice a actividade na súa casa.

As competencias traballadas son: a cultural, xa que estamos falando da cultura galega e das súas tradicións, e a dixital, xa que as cativas e cativos farán uso da tecnoloxía para desenvolver a actividade.

Os recursos necesarios son: unha conexión a internet, un dispositivo tecnolóxico (tablet, móbil, ordenador, …). Ademáis dunha persoa adulta que lle axude ao cativo.

Para avaliación desta actividade empregaremos unha lista de control onde comprobaremos se a actividade foi positiva para os cativos. Algúns dos items que poden conter son:

  • O neno/a disfrutou ca actividade?

  • O neno/a relaciona correctamente o lugar coa personaxe?

Comentarios

Entradas populares