Actividade Personaxes do Entroido

 Ola a todos e a todas!!


No día de hoxe propoñémosvos  unha actividade sobre a festividade do entroido galego. concretamente traballaremos algúns dos personaxes máis característicos. Teredes que relacionar as palabras que aparecen na columna da esquerda coas imaxes correspondentes da columna dereita.




Os obxectivos desta actividade están recollido no Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Concretamente no Bloque 3: Cultura e vida en sociedade do segundo ciclo e son:

- Observar e explorar de forma activa o seu contorno, xerando interpretacións sobre algunhas situacións e feitos significativos, e mais mostrando interese polo seu coñecemento.

- Apreciar e facer seus algúns elementos significativos propios da tradición e da cultura galega -expresións artísticas, cotumes, festas populares, folclore, gastronomía, etc.-. 

Metodoloxía: estas actividades poderanse facer de maneira individual coa axuda dalgún familiar ou en clase por pequenos grupos.

Competencias: con esta actividade traballaremos dúas competencias clave. Por un lado a competencia cultural e artística xa que estamos traballando contidos sobre a cultura galega e, por outro lado, a competencia dixital xa que esta actividade se realiza a través das novas tecnoloxías.

Recursos: como recursos materiais precisaremos dun dispositivo como tablet, ordenador ou pantalla dixital e  acceso a internet. Tamén necesitaremos un adulto de apoio (nai/pai/familiar ou mestre) e unha aula ou sala donde poder realizar esta actividade.

Temporalización: realizaremos esta actividade despois de traballar os personaxes do entroido, desta maneira comprobaremos que entenderon o tema. Podemos traballar esta actividade en dúas sesións distintas nunha semana.

Avaliación: comprobaremos que os contidos quedan ben entendidos ao rematar a actividade e comprobar cantos erros houbo (se hai). Ademais realizaremos unha lista de control con diferentes items como:

  • ¿Participaron activamente na realización desta actividade?

  • ¿Souberon relacionar correctamente cada personaxe coa súa imaxe?

Comentarios

Entradas populares