Actividade Interactiva "Costumes de Entroido"

 Ola a todas e todos! Como estades?

Hoxe vamos a propoñervos unha actividade interactiva para realizar conxuntamente familias e crianzas. Esta actividade trata por suposto sobre  o entroido! Seguro que sabedes un montón sobre el! A continuación adxuntamos a explicación.


O obxectivo desta actividade é que as crianzas identifiquen algúns dos costumes mais significativos do entroido.

En canto ao Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia esta actividade pertencería ao Bloque 3: Cultura e vida en sociedade e os obxectivos mais salientables dese bloque serían:

-Observar e explorar de forma activa o seu contorno, xerando interpretacións sobre algunhas situacións e feitos significativos, e mais mostrando interese polo seu coñecemento.

-Apreciar e facer seus algúns elementos significativos propios da tradición e da cultura galega -expresións artísticas, costumes, festas populares, folclore, gastronomía, etc.-. 

En canto a metodoloxía esta actividade será realizada de maneira conxunta entre a crianza e a súa familia no seu fogar. Creemos que é unha maneira moi interesante de traballar xa que a crianza comentará o aprendido e traballado na clase ;e poderá amplialo coas experiencias e saberes da súa familia.

As competencias que traballaremos son a competencia cultural e artística xa que o entroido forma parte da cultura galega, a competencia dixital debido a que as crianzas fan uso das novas tecnoloxías para a realización da actividade e por último autonomía e iniciativa persoal porque elas mesmas (en supervisión neste caso da súa familia) son as que realizan a actividade utilizando as ferramentas tic.

Os recursos materiais necesarios para a súa realización son un ordenador ou tablet e conexión a internet. Tamén precisaremos como recurso persoal unha persoa adulta da familia que lle preste axuda.

Esta actividade está proposta para realizar cando comecemos a tratar o tema do entroido na clase. Axudará ás crianzas a asentar os coñecementos básicos sobre a mesma a vez que os amplía coas conversas ca familia a hora de realizar a actividade. E será avaliada a través dunha lista de control elaborada polas docentes. Esta lista será completada ao inicio da unidade didáctica (para saber os coñecementos previos do alumnado) e ao final da mesma para ver o seu progreso e realizar así unha avaliación continua centrada na mellora do aprendizaxe.

Alguns dos items presentes nesa lista son:

  • Relaciona os desfiles e comparsas ca festividade de entroido

  • Recoñece platos típicos de entroido 

  • Identifica alguns dos personaxes galegos do entroido

Comentarios

Entradas populares